Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL "ACTÍVATE" ABRIRASE O DÍA 1 DE SETEMBRO
O programa desenvolverase entre os meses de outubro e decembro deste ano no Centro Cívico Social de Xuvia
Narón, 23 de agosto de 2022. o programa municipal “ACTÍVATE” diríxese a persoas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos e que padezan algunha enfermidade crónica e queiran facer exercicio adaptado para axudar ó seu corpo a levar mellor os procesos da enfermidade. Outros obxectvos do programa son compartir e relacionarse a nivel social, traballar as habilidades sociais e persoais e a xestión emocional. Trátase dunha abordaxe bio-psico-social que leve ás persoas a acadar un maior benestar en todos os ámbitos. O programa desenvolverase entre os meses de outubro e decembro deste ano no Centro Cívico Social de Xuvia, cun número total de 20 prazas, divididas en dous grupos. Horarios Grupo I: luns de 10.00 a 11.30 horas e venres de 10.00 a 11.30 horas. Horarios Grupo II: martes de 16.00 a 17.30 horas e venres de 16.00 a 17.30 horas. As solicitudes poderán realizarse a través da Sede Electrónica, no Rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos art. 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación de solicitudes abrirase o dia 1 de setembro ás 8.30 horas ata o día 15 de decembro ás 13.30 horas. As persoas interesadas en máis información poderán dirixirse ao Servizo Sociocomunitario do Concello, ou chamendo ao teléfono 981337700 (extensións 1115 / 1108 / 1109)

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal