Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A XUNTA ANALIZARÁN A VIABILIDADE DE ASINAR UN CONVENIO PARA IMPLANTAR A NOVA LIÑA DE TRANSPORTE INTERIOR EN AUTOBÚS POLA GÁNDARA, A SOLAINA E FREIXEIRO
A edil de Transporte, Mar Gómez, e o primeiro tenente de alcalde de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, reuníronse hoxe co xefe territorial da Consellería de Mobilidade, José Antonio Álvarez
Narón, 21 de setembro de 2022. A concelleira de Transporte, Mar Gómez, e o primeiro tenente de alcalde de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, desprazáronse esta mañá á Coruña para reunirse co xefe territorial da Consellería de Mobilidade, José Antonio Álvarez, co fin de analizar os problemas do servizo de transporte público en autobús na cidade. Dende o Consistorio naronés informouse en anteriores ocasións –dende o pasado ano- á administración autonómica da situación, incidindo na necesidade de que se implantase unha nova liña de transporte interior de transporte en bus polo tramo da Gándara, A Solaina e Freixeiro. Sánchez Fojo e Gómez incidiron na urxencia de que se atendan as demandas das usuarias e usuarios do servizo, entre eles alumnado que cursa estudios nos institutos da cidade e tamén persoas que se desprazan ao centro de saúde ou ao propio Concello, entre outros. “A mellora da mobilidade en Narón é unha necesidade dende hai tempo e confiamos en que a Xunta e o Concello poidamos chegar a un acordo para subsanar as carencias do servizo”, asegurou Sánchez Fojo. Os edís naroneses e o representante autonómico acordaron definir un estudo de custes do servizo e horarios detallados, así como usuarios potenciais…. para analizar a viabilidade de rubricar un convenio que permita poñer en marcha esa nova ruta da liña de transporte. Así mesmo, dende o Consistorio interesáronse ante Álvarez pola supresión na cidade da parada do bus que cubre a diario a liña Ferrol-A Coruña, solicitando que se restableza.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal