Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA GALEGA DE CONSUMO OFRECERÁ MAÑÁ UNHA CHARLA SOBRE "A FACTURA DA LUZ"
As persoas interesadas en escoitar a charla poden facelo a través da web do Instituto Galego de Consumo e Competencia
Narón, 22 de setembro de 2022. A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa “Venres de consumo responde”. O tema a abordar mañá, ás 12.30 horas, será “A factura da luz”, na que se informará sobre o consumo e os dereitos dos consumidores. Todas aquelas persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para acceder á mesma. No caso de non dispoñer de Webex instalado haberá que acceder premendo en “Únase dende o navegador”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal