Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RETOMARÁ EN OUTUBRO OS CONSELLOS TERRITORIAIS NOS DIFERENTES BARRIOS E PARROQUIAS DA CIDADE
A edil de Participación Cidadá, Catalina García, avanzou que a primeira das convocatorias será o vindeiro 4 de outubro en Castro
Narón, 23 de setembro de 2022. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou esta mañá as datas nas que se celebrarán os catorce vindeiros Consellos Territoriais de Narón. A edil naronesa recordou que se trata dunhas convocatorias que se retoman “para que as veciñas e veciños das diferentes parroquias e barrios da cidade teñan a oportunidade de poñer en común o traballo realizado e posibles actuacións futuras”. García animou aos representantes de cada zona nos Consellos Territoriais a acudir ás convocatorias programadas, que comezarán o vindeiro 4 de outubro no local social O Paraxe, en Castro, ás 18.00 horas. O vindeiro mes de outubro, indicou, celebraranse tamén os Consellos Territoriais da Solaina, o día 6 ás 17.30 horas; o da Gándara o día 13 ás 18.00; o do Couto, o día 18 ás 18.00, o de San Xiao, o 20 ás 18.00 horas –en todos estes casos nos respectivos locais sociais- e en San Mateo, o día 25 ás 18.00 na Escola de San Mateo. En novembro programáronse as sesións a desenvolver en Sedes, o día 3; Xuvia, o día 8; Doso, o 10; en Piñeiros o 15; en Pedroso o 17, no Alto o 23, e en Freixeiro o día 29 nos respectivos locais sociais –en Freixeiro no local social Virxe de Fátima- e darán comezo ás 18.00 horas. Finalmente, no mes de decembro celebrarase o último Consello Territorial deste ano, o do Val, o día 1 ás 16.00 horas no local social da parroquia. “A través da Escola de Participación Cidadá continuaremos impulsando estas convocatorias, considerando que ofrecen a posibilidade de poñer en común numerosas cuestións relativas ao día a día da nosa cidade”, recalcou García. A edil naronesa recordou que as persoas interesadas en obter máis información poden contactar coa Escola de Participación, a través do teléfono 603 865 413 ou do correo electrónico: escolaparticipacion@naron.es.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es