Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAVILLÓN DO VAL ACOLLERÁ ESTE SÁBADO UNHA "XORNADA DE EXALTACIÓN DO PERCEBE DA LOPESA"
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, indicou que a degustación de percebes e pementos do Couto dará comezo ás 12.00 horas e prolongarase pola tarde
Narón, 26 de setembro de 2022. O Concello de Narón continúa impulsando iniciativas enmarcadas no programa Narón Mar Aberto, deseñado con cargo ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, a Xunta de Galicia e a Consellería do Mar. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou o evento acompañado por Antonio e David Varela, integrantes da Asociación de Percebeiros de Meirás, que colabora nesta iniciativa. Dende as 12.00 e ata as 20.00 horas poderán degustarse tapas de percebes a un prezo de 12 euros, ata esgotar os algo máis de cen quilos que se cociñarán para a ocasión. A maiores, tamén se servirán un total de 40 quilos de pementos do Couto, e bebidas a prezos populares. No pavillón do Val instalaranse mesas e bancos para o momento da degustación, e tamén se habilitará un espazo donde se poderán adquirir os tickets ese mesmo día. A convocatoria, tal e como indicou Pita, completarase con actividades de entretemento, música, autofotos e a visita dun superhéroe, entre outras propostas para persoas de todas as idades. “Con esta xornada queremos dar a coñecer un dos produtos máis característicos da zona costeira, o percebe, e ao mesmo tempo o pemento do Couto, dúas das excelencias gastronómicas da nosa comarca en xeral e da cidade en particular”, asegurou Pita. O edil naronés agradeceu a colaboración da Asociación de Percebeiros de Meirás e tamén da Cooperativa do Val nesta cita gastronómica na que animou a participar ás veciñas e veciños de toda a comarca.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal