Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ODEÓN SÚMASE AO PROXECTO "RE-FASHION" PARA CREAR UN ENTORNO MÁIS SOSTIBLE DÁNDOLLE UNHA SEGUNDA VIDA ÁS PRENDAS QUE SE RECOLLAN NO CENTRO COMERCIAL
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, participou na presentación da iniciativa xunto coa edil de Benestar Social, Catalina García, a xerente de Odeón, Cristina Imaz, e Rosendo Anidos, directivo do Centro de Recursos Solidarios de Narón
Narón, 26 de setembro de 2022.- Odeón iniciou hoxe a campaña ‘Re-Fashion. O Renacemento da moda’ que consiste nunha recollida de roupa usada a través dun caixón situado na planta baixa do centro comercial, entre o 26 de setembro e o 10 de outubro. Todas as pezas serán recollidas e doadas ao Centro de Recursos Solidarios de Narón (CRS), co fin de darlles unha segunda vida útil e colaborar á súa vez con esta organización. Unha vez alí, as pezas seleccionaranse e unha parte quedará no roupeiro do CRS para a súa doazón aos usuarios, e outra parte delas levará a Insertega, empresa colaboradora co Concello de Narón e que se dedica a reciclar a roupa e reconvertela noutras pezas. Á presentación desta campaña acudiron a xerente de Odeón, Cristina Imaz, a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, a concelleira de Benestar Social de Narón, Catalina García, e un membro da directiva do Centro de Recursos Solidarios, Rosendo Anidos. Que é ‘Re-fashion. O Renacemento da moda’ A sociedade actual enfróntase ao reto de crear unha contorna máis sostible que garanta o equilibrio entre o crecemento económico, o coidado do medio ambiente e o benestar social. No sector retail ese reto increméntase e por iso son moitas as marcas que xa deron o salto cara a unha economía circular. Por iso, Odeón participará en diferentes iniciativas para concienciar sobre a importancia de reducir, reutilizar e reciclar as pezas participando como axentes activos neste gran salto. Así, Odeón, xestionado por CBRE únese a ‘Re-Fashion, o Renacemento da moda’, un proxecto que busca incrementar a vida útil das pezas, darlles unha nova vida, un segundo uso e así reducir o seu impacto ambiental. Tamén pretende ser parte do cambio mostrando que hai outras posibilidades e usos para as pezas sen necesidade de convertelas en desfeitos tras varios usos. A través da web www.refashion-moda.com todo o que o desexe poderá ir vendo os resultados do proxecto conxunto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal