Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CINECLUBE SERIE B E O PADROADO DA CULTURA INICIAN MAÑÁ O CICLO DE CINE DE "CIENCIA FICCIÓN PARA AXITAR CONCIENCIAS"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou a iniciativa con Alberto Pena e Anabel Valera, integrantes do Cineclube Serie B
Narón, 27 de setembro de 2022. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro e o presidente do Cineclube Serie B, Alberto Pena, presentaron hoxe xunto con Anabel Valera, integrante da entidade, o novo ciclo de cine que se levará a cabo no Pazo da Cultura a partir de mañá. “Ciencia ficción para axitar conciencias” é o título deste ciclo, organizado polo Cineclube Serie B en colaboración co Concello, o Padroado da Cultura, a Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga) e a Xunta de Galicia. A alcaldesa avanzou que a entrada é de balde, retirando previamente os tickets no despacho de billetes do Pazo, e que as proxeccións programadas, tres en total, serán ás 20.00 horas. Na primeira xornada, mañá, poderase ver “Hijos de los hombres”, de Alfonso Cuarón (2006), que aborda temas como a inmigración, a manipulación informativa e o terrorismo; o mércores 5 de outubro proxectarase “Fahrenheit 451”, que constitúe unha reflexión sobre o totalitarismo, a censura e a liberdade de pensamento, de François Truffaut (1966) e o 19 de outubro “Distrito 9”, de Neill Blomkamp (2009), que aborda temas como o racismo, a segregación e os prexuízos raciais. Dende o Cineclube Serie B convidaron á cidadanía a acudir ás proxeccións “porque son unha experiencia moi bonita nun espazo como o Pazo do que é todo un luxo poder dispoñer”. Así mesmo Pena avanzou que dende o Cineclube Serie B tamén se organizará un novo ciclo no mes de novembro e haberá unha proxección con motivo do Samaín pensada para público infantil. Pola súa banda, a alcaldesa felicitou aos representantes do Cineclube Serie B “polo traballo que levades realizando nesta cidade a prol do cine e a vosa excelente disposición a colaborar co Concello e o Padroado da Cultura na organización de convocatorias como a que mañá se inicia no Pazo”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal