Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROXECTO MUNICIPAL "NARÓN, MAR ABERTO" CONVOCA PARA ESTE DOMINGO UNHA ANDAINA POLA RUTA DOS CANTÍS
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, explicou que a participación está limitada a vinte persoas que se poderán anotar ata o 30 de setembro
Narón, 27 de setembro de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, anunciou a apertura, hoxe, do prazo de inscrición na Ruta dos Cantís que se convoca a través do programa municipal “Narón, mar aberto”. A iniciativa desenvolverase este domingo, día 2 de outubro, e consta dun percorrido a pé de trece quilómetros pola costa naronesa. A saída fixouse para as 10.00 horas das inmediacións da Pena Molexa, no Val, e a chegada está prevista sobre as 15.00 horas. O concelleiro indicou que a andaina está limitada á participación dun máximo de 20 persoas, que deberán inscribirse a través do correo electrónico: me.mendez@naron.es. A participación é de balde e o prazo para anotarse rematará este venres, 30 de setembro, ás 13.30 horas. Os participantes recibirán uns agasallos conmemorativos pola súa asistencia, tal e como apuntou Pita, que animou a anotarse ás veciñas e veciños interesados en coñecer polo miúdo o litoral naronés. O edil recordou que se trata dunha iniciativa a través da que dar a coñecer as zonas de captura do percebe na costa de Narón, impulsada a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, a Xunta de Galicia e a Consellería do Mar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal