Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU ESTA MAÑÁ NO CONCELLO A DÚAS INTEGRANTES DO XURADO DO CERTAME "VILAS EN FLOR GALICIA 2022"
Marián Ferreiro e o edil de Servizos, Ibán Santalla, percorreron espazos verdes da cidade xunto con Natividad Gilsanz e Camino Nicolás, integrantes do xurado deste certame
Narón, 27 de setembro de 2022. O Concello presentouse novamente este ano ao certame “Vilas en flor Galicia 2022”, unha iniciativa organizada pola Fundación Juana de Vega coa Asociación de viveristas de Galicia (Asvinor) e a Asociación Gallega de Empresas de Xardinería (Agaxear). A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, recibiron hoxe no Concello a dous representantes do xurado deste certame, Natividad Gilsanz e Camino Nicolás, ás que entregaron unha memoria informativa. Unha vez no Consistorio as integrantes do xurado visionaron coa alcaldesa e o edil de Servizos un vídeo promocional de Narón e comentaron varias actuacións levadas a cabo en espazos verdes da cidade, entre elas os actuais traballos de construción da senda peonil e ciclista que enlazará os paseos de Xuvia e Freixeiro. Ata esa zona se desprazaron tamén Ferreiro e Santalla xunto con Natividad Gilsanz e Camino Nicolás, que además percorreron o parque de Freixeiro, as inmediacións do muíño de As Aceas, o paseo de Xuvia e outros espazos verdes da cidade. Así mesmo, Ferreiro informou ás representantes do certame sobre actuacións encamiñadas a fomentar o uso e disfrute destes espazos, donde ao longo do ano se programan numerosas actividades para todos os públicos, e tamén de melloras encamiñadas a preservar e coidar o medio ambiente, como a recente instalación dos puntos limpos de proximidade na zona urbana ou a previsión de instalar a quinta fracción na recollida de lixo, o contedor marrón. O pasado ano o Concello de Narón obtivo tres Flores de Honra -das cinco posibles- no certame “Vilas en flor”, galardón co que se recoñece o traballo realizado nas áreas a valorar polo xurado desta iniciativa. O Concello de Narón conta cunha superficie de algo máis de 630.000 metros cadrados de espazos naturais, parques e xardíns.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es