Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DE "CIGARREIRAS" E "GOLULÁ"
As entradas para os espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es
Narón, 28 de setembro de 2022. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana a representación da peza “Cigarreiras”, de Contraproducións SL e tamén da obra de teatro “Golulá”, de Galitton. A primeira cita será o venres e o sábado -20.30 e 20.00 horas- con “Cigarreiras”, unha obra que aborda unha situación e referencias históricas ante as figuras de Emilia Pardo Bazán e as cigarreiras. O público presenciará o tratamento de temas que están de actualidade, como a memoria colectiva, a perspectiva de xénero… que a partir dos modelos da autora –a peza está baseada en “La Tribuna”, de Emilia Pardo Bazán- suscitarán un gran interese. A obra está adaptada e dirixida por Cándido Pazó. Na xornada do domingo día 2 de outubro representarase “Golulá”, de Galitoon, un espectáculo de técnica mixta que combina o teatro de autor con “body puppets” (monicreques xigantes), "muppets" (monicreques de medio porte) e teatro de luz negra. A partir de aí crearase unha trama propia dos contos clásicos de aventuras. Os protagonistas son Lara, unha nena, e o seu amigo Bunka, un gorila encargado de coidar á única nube de Golulá, que un día rouban e obriga aos dous amigos a realizar unha viaxe cargada de perigos e personaxes fantásticos. As entradas para estes dous espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal