Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EXPOSICIÓN "ROSTROS DA MEMORIA FERROL 1972" PODERASE VER DENDE ESTE VENRES NO PAZO DA CULTURA
Marián Ferreiro avanzou que esta mostra do fotógrafo coruñés Xurxo Lobato se poderá ver na cidade ata o 13 de outubro
Narón, 28 de setembro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, inaugurará este venres, día 30 ás 18.00 horas, no Pazo da Cultura a exposición “Rostros da memoria Ferrol 1972”, do recoñecido fotógrafo coruñés Xurxo Lobato. O autor das imaxes estará presente na convocatoria, na que se aposta por homenaxear ás persoas que padeceron a represión do réxime franquista. A mostra poderá verse na zona de acceso ao edificio do Pazo ata o vindeiro 13 de outubro, tal e como avanzou a rexedora local. Unha trintena de retratos en branco e negro compoñen esta exposición, na que o paso do tempo polos protagonistas constata a dor que sufriron na época. As imaxes amósanse en soportes autoportantes con forma de cubos de grandes dimensións, aptos para mostras en exteriores. Lobato é o autor tamén dun catálogo titulado “Rostros da memoria” no que se recollen os rostros en branco e negro de 45 persoas que viviron na etapa da Guerra Civil Española e a posguerra. A continuidade dese proxecto de Xurxo Lobato é a mostra que se poderá ver nos vindeiros días na cidade, cos retratos dos supervivintes cincuenta anos despois.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal