Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA REUNIUSE CO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER PARA ANALIZAR NOVAS VÍAS DE FUTURAS COLABORACIÓNS
Marián Ferreiro e Francisco Pantín conversaron na xuntanza, na que tamén estivo o edil naronés Pablo Mauriz, sobre os programas vencellados ao convenio do Concello e a entidade
Narón, 3 de outubro de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o edil Pablo Mauriz reuníronse co presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL), Francisco Pantín, para abordar diferentes asuntos relacionados co convenio de colaboración que dende hai anos mantén o Concello naronés coa entidade e con cargo ao que se desenvolven varias propostas dirixidas ao colectivo. Así mesmo, no transcurso da xuntanza Pantín explicoulle a Ferreiro o traballo realizado ata a data con cargo ao mencionado acordo e tamén algunhas das actividades que dende AFAL se levarán a cabo no que resta deste ano. O presidente de AFAL e a alcaldesa de Narón analizaron tamén posibles novas colaboracións para continuar traballando conxuntamente con persoas afectadas por alzheimer e as súas familias. “Dende o Concello de Narón continuaremos traballando na medida das nosas posibilidades para que asociacións como AFAL, fundamentais para atender a un colectivo moi determinado, poidan desenvolver a súa actividade nas mellores condicións posibles, ofrecendo un servizo moi importante e necesario e mantendo unha traxectoria moi consolidada na área na que desenvolve as súas funcións”, recalcou Ferreiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal