Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CICLO DE CINE "CIENCIA FICCIÓN PARA AXITAR CONCIENCIAS" CONTINÚA MAÑÁ NO PAZO COA PROXECCIÓN DE "FARENHEIT 451"
O Cineclube Serie B organiza esta convocatoria, con entrada de balde e que conta coa colaboración do Concello de Narón
Narón, 4 de outubro de 2022. O Pazo da Cultura de Narón acollerá mañá, ás 20.00 horas, a segunda proxección do ciclo de cine “Ciencia ficción para axitar conciencias”. Nesta ocasión, as persoas que o desexen poderán ver, de balde, a película “Farenheit 451”, de François Truffaut (1966), unha adaptación da distopía de Ray Bradbury na que se reflexiona sobre o totalitarismo, a censura e a liberdade de pensamento. O Cineclube Serie B organiza esta convocatoria en colaboración co Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura, a Federación de Cines de Galicia e a Xunta de Galicia. A terceira e última proxección deste ciclo terá lugar o vindeiro 19 de outubro, tamén ás 20.00 horas e de balde no Pazo. “Distrito 9”, de Neill Blomkamp (2009), foi o filme elixido para a ocasión. O racismo, a segregación e os prexuízos raciais, así como a manipulación mediática e o poder das grandes corporacións forman parte da temática desta película.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal