Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DE NARÓN DESTACOU A "DEDICACIÓN E VOCACIÓN DE SERVIZO PÚBLICO" DA POLICÍA NO TRANSCURSO DO ACTO DOS SANTOS ANXOS CUSTODIOS
O mosteiro de San Martiño de Xuvia e o Pazo da Cultura acolleron os actos conmemorativos do patrón da Policía Nacional
Narón, 4 de outubro de 2022. O mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto, e o Pazo da Cultura, no Alto, acolleron esta mañá os actos organizados con motivo da celebración dos Santos Anxos Custodios, patrón da Policía Nacional. A alcaldesa presidiu a convocatoria xunto co Comisario Xefe da Comisaría de Ferrol-Narón, Javier María de Loresecha, e na que tamén estiveron, entre outros, os concelleiros de Tráfico e Seguridade Cidadá de Narón e Ferrol, Román Romero e Germán Costoya, respectivamente, o Almirante Xefe do Arsenal, Ignacio Frutos, o Fiscal da Área de Ferrol, Miguel Armenteros e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros. Axentes da Comisaría de Ferrol-Narón e das policías locais de Narón e Ferrol participaron na convocatoria, que comezou cunha celebración relixiosa ás 12.00 horas no cenobio do Couto. Ao remate da misa os asistentes dirixíronse ao Pazo da Cultura, donde o Comisario Xefe da Comisaría de Ferrol-Narón asegurou que “a loita contra a delincuencia, a ciberdelincuencia, a protección de colectivos vulnerables… serán obxectivos prioritarios”, para os que se incrementou a presencia policial nas rúas e se levaron a cabo outras medidas. Así mesmo, destacou a importancia do labor de cada unha das especialidades da Comisaría “donde cada un é importante e necesario para que funcione toda a engranaxe”. Loresecha destacou a valoración da Policía Nacional na actualidade e agradeceu a colaboración doutras institucións e colectivos. Trala intervención de Loresecha tivo lugar a imposición de medallas a sete persoas: os axentes Carlos Alberto Rico, por un feito humanitario -ao resultar con queimaduras nunha intervención para salvar a outras persoas-, e José Díaz, Diego Gómez, Javier Rodríguez, Francisco Javier Roel, e David Tizón, pola súa traxectoria profesional e tamén por ese mesmo motivo a María Julia Pérez, dos Corpos xerais -por 35 anos de dedicación-. Así mesmo, procedeuse a entregar unha placa ao Corpo de Infantería de Marina e a Protección Civil de Narón e Ferrol Unha vez entregadas as distincións, tomou a palabra a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que felicitou aos axentes da Comisaría de Policía Nacional Ferrol-Narón no día do seu patrón e subliñou o incremento do plantel do Corpo, que permite ter a disposición do servizo un total de 232 profesionais. Ferreiro destacou a “entrega, dedicación e vocación de servizo público” dos axentes, dos que asegurou que “sodes un orgullo para a nosa sociedade e un exemplo polo voso traballo”. Así mesmo, trasladou a “máxima admiración e respecto do Concello de Narón por estar día a día velando pola seguridade e os dereitos da cidadanía”. A rexedora local tamén destacou o labor dos profesionais de Protección Civil de Narón, incidindo na súa implicación nas actividades e eventos que se programan na cidade e tamén en ocasións noutros concellos. Ferreiro tamén recalcou o traballo do resto de profesionais homenaxeados, Protección Civil de Ferrol e Infantería de Marina, e do persoal condecorado no acto. Finalmente, a alcaldesa dirixiuse ao Comisario Xefe da Comisaría de Ferrol Narón para agradecer o seu labor e a súa colaboración coa Policía Local e destacou o “arduo traballo dos fiscais e xuíces como garantes dos dereitos da cidadanía”. A celebración dos Santos Anxos Custodios rematou, como é habitual, co Himno da Policía.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal