Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPULSA "UN BARRIO PARA VIVIR", UN NOVO PROXECTO DE DINAMIZACIÓN COMUNITARIA QUE SE LEVARÁ A CABO NA ZONA URBANA E RURAL
A iniciativa, sobre a que se informará ás entidades e asociacións locais, impúlsase a través da Concellería de Participación Cidadá, que preside a edil Catalina García
Narón, 5 de outubro de 2022. O Concello impulsa un novo proxecto de dinamización comunitaria a través da Concellería de Participación Cidadá, dirixida pola edil Catalina García. “Un barrio para vivir” é o título desta convocatoria, aberta á participación da veciñanza dos diferentes barrios e parroquias da cidade e que se desenvolverá nos centros cívicos sociais. As principais actividades que se levarán a cabo son “Barrios no camiño” e “Memorial do barrio”, aínda que a maiores se convocará un concurso interxeracional de fotografía e haberá unha proposta sobre costumes gastronómicos. A iniciativa “Barrios no camiño” consistirá nunhas andainas e itinerarios polos barrios que se realizarán en grupo, con persoas de todas as idades, e visitando espazos para coñecer o seu patrimonio cultural e etnográfico, as funcións da veciñanza, etc. Así mesmo, “Memorial do barrio” é unha actividade que ten como obxectivo a realización de vídeos de cada barrio de Narón, recompilando material histórico (fotografías antigas, escritos, prensa…) e con entrevistas e testemuños para incidir na orixe do barrio e na súa evolución. As veciñas e veciños da Gándara, O Alto, O Couto, A Solaina, Piñeiros, Freixeiro, Xuvia, Castro, Doso, O Val, Pedroso, San Xiao, Sedes e San Mateo interesados en participar poderán facelo nos vindeiros días. Persoal coordinador deste proxecto contactará coas entidades de cada barrio e parroquia para manter unha xuntanza con elas e ofrecerlles máis información sobre este proxecto. Así mesmo, aquelas persoas interesadas poden contactar directamente a través do mail: barrioparavivirnaron@gmail.com ou do número de teléfono 633 230 054.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal