Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "MANIPULADOR-APLICADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS"
As persoas interesadas poden anotarse ata o 17 de outubro, tal e como indicou a concelleira de Formación, Natalia Hermida
Narón, 6 de outubro de 2022. O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acollerá un curso básico de Manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios (nivel cualificado), convocado a través do Programa Municipal de Formación. Dende a área que preside a edil Natalia Hermida avanzouse que as sesións impartiranse do 3 ao 24 de novembro deste ano, en horario de mañá, de luns a venres de 9.00 a 14.00. En total ofértanse quince prazas, que se cubrirán por orde de inscrición no rexistro. Pragas dos cultivos, métodos de control de pragas e estratexias e técnicas para a súa xestión integrada, produtos fitosanitarios e riscos da súa utilización para o medio ambiente, métodos de aplicación, mantemento, revisión e inspección periódica dos equipos, Seguridade Social agraria, métodos para identificar os produtos fitosanitarios ilegais e riscos asociados ao seu uso, entre outros, forman parte dos contidos a abordar polo alumnado nas 60 horas do curso. Así mesmo, haberá módulos trasversais (12 horas) de sensibilización ambiental, igualdade de xénero e orientación laboral. O exame oficial do curso terá lugar o 2 de decembro en Guísamo e no curso están xa incluído o pago das taxas do exame e a emisión da certificación, se ben o desprazamento ata o lugar do exame deberá ser por conta do alumnado, tal e como se especifica na convocatoria. Poden inscribirse persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón que cumpran ademais outros requisitos establecidos nas bases da convocatoria. As solicitudes poden presentarse dende mañá ás 8.30 horas ata o 17 deste mes ás 13.30 no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para máis información pódese consultar a web do Concello de Narón, a Sede Electrónica ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es