Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS NA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA, NA LUDOTECA MUNICIPAL E EN ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL DE EDUCACIÓN EXTRAESCOLAR
A responsable do Servizo Sociocomunitario Municipal, Mercedes Taibo, informou sobre as vacantes existentes nestes servizos e actividades municipais
Narón, 14 de outubro de 2022. A responsable do Servizo Sociocomunitario de Narón, a edil Mercedes Taibo, anunciou que aínda quedan prazas libres para algúns servizos e actividades municipais ofertados dende o citado departamento. En concreto, indicou que no caso da Escola de Música Moderna están dispoñibles dúas prazas para as clases de batería –luns ou venres- e catro para as de guitarra –luns e mércores ou luns e martes- e tamén horarios libres nas Aulas de Ensaio –os luns, martes, venres e sábados-. Así mesmo, na Ludoteca municipal da Solaina poden anotarse aínda menores para as sesións dos luns, mércores e venres nos grupos de 3 a 6 e de 7 a 12 anos; nas dos martes e xoves nesas mesmas edades e tamén no grupo dos luns e martes de 2 anos. En canto ao Programa Municipal de Educación Extraescolar (Promedex), aínda quedan dúas vacantes para menores de 12 a 14 anos en Robótica educativa e unha para alumnado de 8 a 11 anos en Robótica educativa para a infancia. Taibo apuntou que tamén hai algunhas prazas libres para anotarse nos obradoiros Coro da Capo –de 16 a 35 anos- e no Coro Peque Solidarium -6 a 15 anos-. Neste mesmo programa quedan prazas para o obradoiro de iniciación á lingua inglesa para alumnado de Infantil e Primaria –cuarto de infantil e quinto de Primaria- e tamén en tres grupos das Escolas de Familias –os mércores no Centro Cívico Social do Alto, e os xoves e venres no Centro Cívico Social da Solaina-.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal