Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVOS CORTES E RESTRICIÓNS DE TRÁFICO NA CIDADE DENDE O DOMINGO DERIVADOS DA GRAVACIÓN DA SEGUNDA TEMPADA DA SERIE "RAPA"
As vías afectadas pola gravacion que terá lugar o vindeiro 17 de outubro localízanse na zona do Alto do Castiñeiro
Narón, 14 de outubro de 2022. Algúns puntos da cidade convertiranse de novo a vindeira semana en escenarios da segunda tempada da serie “Rapa”. Por este motivo, dende este domingo, día 16, haberá alguhas restricións e cortes na circulación rodada de carácter temporal, que estarán debidamente sinalizados. Na xornada do domingo –dende as 22.00 horas- ata o luns 17 –tamén ás 22.00 horas- reservaranse para a produtora espazos de estacionamento de vehículos nas rúas 25 de Xullo, San Andrés e Manuel Antonio, no Alto do Castiñeiro. Así mesmo, con motivo das gravacións que se retomarán no interior do antigo centro de saúde, poderanse rexistrar cortes puntuais de tráfico nas rúas 25 de Xullo e San Andrés na xornada do luns, de 7.00 a 20.00 horas aproximadamente. E con motivo da preparación de decorados tamén se reservará un espazo para estacionamento nun tramo da rúa Don Playo dende o vindeiro luns ás 9.00 ata o venres 21 de outubro ás 22.00 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal