Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NA SEGUNDA EDICIÓN DO PROGRAMA "ADIANTE NARÓN"
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, explicou que se trata dunha iniciativa pensada para emprendedores e emprendedoras
Narón, 17 de outubro de 2022. O Concello abriu hoxe o prazo de inscrición na segunda edición do programa “Adiante Narón”, unha iniciativa sobre emprendemento que se desenvolverá en 16 módulos de tres horas de duración cada un e impartidos por expertos en diferentes áreas. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou a convocatoria acompañado por Venancio Salcines, presidente da EF Business School, Juan Martín e María Uceda, director de innovación e directora de desenvolvemento de negocio, respectivamente, da cidada entidade e deseñadores do programa desta convocatoria. Dende o colectivo destacaron “o apoio incondicional do Condello de Narón ao sistema emprendedor como fonte de riqueza económica, modelo de xeración de postos de traballo e desenvolvemento económico sostible”. Pola súa banda, Pita incidiu nesa aposta do Concello por fomentar o autoemprego e o emprendemento a través da formación e o acompañamento aos participantes. Detección de oportunidades e piares do proxecto, estratexia e dirección comercial, análisis de viabilidade e proxeccións económico-financieiras, e aspectos legais son os temas que se abordarán na convocatoria, tal e como avanzou. O edil destacou ademais a valoración realizada polos participantes na anterior edición, que puntuaron cun 97% de satisfacción. Así mesmo, o concelleiro avanzou que en total se ofertan 15 prazas, co fin de ofrecerlles aos asistentes unha atención máis persoalizada e dar un maior dinamismo á actividade. As sesións impartiranse durante os meses de novembro- dende o 17- e decembro –ata o día 21- deste ano, de luns a venres en horario de mañá, de 10.00 a 13.00 horas, tal e como avanzou Pita. As inscricións son de balde e poden tramitarse ata o 15 de novembro a través do número de teléfono 881 878 634 ou do enlace: https://efbs.hubspotpagebuilder.com/m%C3%A1ter-lean-0-1. O edil naronés recordou que da primeira edición deste evento xurdiron empresas como Autovana Motor e La sazón Gourmet, “o que confirma que este programa facilita aos emprendedores e emprendedoras unha serie de coñecementos para desenvolver unha actividade económica e, a maiores, o impulso e seguemento que requiren nas primeiras fases empresariais”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal