Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NO ESPECTÁCULO DE NARRACIÓN ORAL "UN SACO DE CONTOS"
O espectáculo terá lugar mañá no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro, tal e como recordou a edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 18 de outubro de 2022. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que aínda quedan algunhas prazas libres para poder inscribirse na actividade “Un saco de contos”, de María da Pontragha, que terá lugar mañá ás 18.00 horas no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro. Para anortarse nesta proposta, de balde, hai que facelo a través do correo electrónico a.pita@naron.es, indicando o nome da actividade, o nome e idade do neno ou nena, o nome da nai, do pai ou da persoa que o acompañará, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. Este espectáculo enmárcase no programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego. É unha proposta de narración oral, tal e como indicou Taibo, dirixida a menores de 3 a 6 anos e na que os contos e as cancións de tradición oral serán os protagonistas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal