Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HOMOLOGA 17 PARQUES INFANTÍS Á NORMATIVA EUROPEA DE SEGURIDADE
A certificación dos parques restantes se realizará nos vindeiros meses.
Narón, 12 de Maio de 2010.- O Concelleiro de Servizos Complementarios de Narón, Serafín Gonzalez, ofreceu hoxe unha rolda de prensa para falar da homologación dos parques infantís do municipio á normativa europea de seguridade. Segundo explicou o edil, en Narón existen un total de 31 parques infantís dos cales 17 xa cumplen o Decreto da Unión Europea sobre medidas de seguridade e as Normas de Seguridade da Xunta de Galicia sobre esta materia. A certificación dos mesmos foi realizada nos últimos dous anos, e segundo explicou o Concelleiro de Servizos Complementarios, agárdase que antes de finalizar a lexislatura estean homologados case tódolos parques infantís de Narón. A relación de parques homologados é a seguinte: Plaza de Xuvia (antiguo Concello) Plaza Finca Permuy Plaza Irmáns Freire Plaza Rio Mandeo Plaza Viviendas Profeco Plaza da rúa 25 de noviembre Centro Social A Pombiña Plaza de Galicia (dous parques infantís) Viviendas de la Marina (Santa Cecilia) Plaza da rúa Marina Española Plaza da Lectura Finca Federica Plaza Pascual Veiga Plaza das vivendas de Santiago Apóstol Plaza da Constitución Plaza das vivendas do Obispo Para conseguir a certificación dos parques –realizada pola empresa Strowpi, especialista na materia- fixéronse unha serie de visitas ós mesmos para redactar os correspondentes informes técnicos. Logo de analizar o estado dos elementos de xogo e valorar as necesidades, leváronse a cabo unha serie de actuacións para acadar a súa homologación (fundamentalmente a instalación de proteccións en determinados xogos, a colocación de suelos de caucho, e instalación de carteis informativos) e finalmente expediuse a certificación desos 17 parques sobre os que se actuou. En total, estas actuacións supuxeron un coste aproximado de 20.000 euros, tal e como indicou Serafín González. Con estos datos, o concelleiro de Servizos Complementarios asegurou que Narón continúa a ser un concello pioneiro na dotación de servizos, coma é o caso dos parques infantís. “A día de hoxe temos máis do 50% dos nosos parques homologados, o que supón que estamos por encima doutras cidades coma Ferrol, A Coruña, Vigo ou Santiago”, sinalou. As obras de adecuación destos espazos ás normativas de seguridade continuarán nos vindeiros meses no paseo marítimo de Xuvia, no que se instalará un parque biosaludable e un novo parque infantil para os nenos/as, que incluirá elementos de xogo novedosos. O edil lembrou que esta concellería tamén está a levar a cabo un traballo importante de mellora das zonas verdes de Narón, a través do contrato de mantemento das mesmas realizado pola empresa de xardinería Arce, que se ocupa de tódolos espazos públicos do municipio.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal