Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS DE COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN SANTO HOSPITAL DE CARIDADE E O PATRONATO CONCEPCIÓN ARENAL
Marián Ferreiro destacou o labor que ambas entidades desenvolven con colectivos en situacións vulnerables
Narón, 24 de outubro de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou convenios de colaboración coa Fundación Santo Hospital de Caridade e o Patronato Concepción Arenal. O importe conxunto que as arcas municipais destinan á renovación destes acordos ascende a 8.000 euros, tal e como indicou a rexedora local. Ferreiro e o presidente da Fundación Santo Hospital de Caridad, Alberto Manuel Lens, rubricaron esta mañá o acordo que permitirá manter a atención a persoas con dificultade económica ou en risco de exclusión social. Dende hai anos desenvólvese un programa de atención a persoas que precisen un aloxamento alternativo, denominado Albergue de persoas sen fogar “Refuxio Pardo de Atín”. En base ao acordo rubricado hoxe a entidade porá a disposición do Concello este albergue para o acollemento de persoas sen teito ou en situación de emerxencia por desafiuzamento, actuacións que se coordinarán co Servizo Sociocomunitario Municipal e as unidades de traballo social do Consistorio. A alcaldesa asinou ademais, de xeito telemático, o convenio coa presidenta da Asociación Patronato Concepción Arenal, Beatriz Dorrio, para manter a colaboración na liña de acollemento temporal de mulleres, soas ou acompañadas dos seus fillos/fillas que sofren situacións de violencia ou exclusión e o desenvolvemento de actividades complementarias no ámbito da acción social. “Quero destacar un ano máis o labor destas dúas entidades con colectivos moi específicos, que requiren duns servizos e atención inmediatos e que reciben grazas a entidades como a Fundación Santo Hospital de Caridade ou o Patronato Concepción Arenal”, destacou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal