Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CELEBRARÁ O SAMAÍN CUNHA PROXECCIÓN DE CINE NO PAZO E UN COMPLETO PROGRAMA DE ACTIVIDADES E MÚSICA NA PARROQUIA DE SAN MATEO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou os actos xunto co presidente do Cibeclube Serie B, Alberto Pena, e dous integrantes da directiva da Agrupación Veciñal San Mateo, Laura Fernández e José Manuel García
Narón, 25 de outubro de 2022. O Concello deseñou varios actos para celebrar a tradicional festividade do Samaín. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, presentou hoxe a programación xunto con Alberto Pena, presidente do Cineblube Serie B e Laura Fernández e José Manuel García, tesoureira e vogal, respectivamente, da Agrupación Veciñal de San Mateo. A primeira cita será este mesmo venres, día 28, coa proxección no Pazo da Cultura da película “El libro de la vida”, de Jorge R. Gutiérrez (2014). As persoas interesadas poderán acudir ás 19.00 horas, momento no que dará comezo a proxección, para a que se poden retirar as entradas, de balde, no despacho de billetes do Pazo. A película diríxese a persoas de todas as idades, está ambientada en México e na súa tradición do Día de defuntos e ten unha mensaxe cargada de valores sociais, como o ecoloxismo, o respecto aos animais, o rexeitamento da violencia, a importancia dos vínculos familiares… O Padroado da Cultura de Narón organiza esta cita xunto co Cineclube Serie B. A través do Padroado da Cultura tamén se organiza un ano máis, xunto coa Agrupación Veciñal de San Mateo, o Samaín de Trasancos, unha cita que terá lugar o luns 31 de outubro e que ano tras ano reúne na citada parroquia naronesa a centos de persoas chegadas do termo municipal e tamén doutros municipios veciños. O Centro Cívico Social de San Mateo de Trasancos acollerá parte dos actos, xa que tamén se instalará unha carpa para a ocasión na zona da pista polideportiva. Ás 17.00 horas abrirase no citado centro o programa cunha exposición de cabazas realizadas nos centros escolares, nun obradoiro impartido a través do Padroado da Cultura e a esa mesma hora darán comezo obradoiros de cabazas e maquillaxe abertos á participación de todas as persoas que o desexen. Ás 19.00 horas comezará o apartado musical, a cargo de “Pakolas”, que levará a San Mateo o espectáculo “Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo” e ás 20.30 horas será a tradicional “Comitiva de Luces e Tebras”, un percorrido de aproximadamente quilómetro e medio polas inmediacións do Centro Cívico Social de San Mateo e no que os caminantes portarán candeas para alumear na escuridade. Ás 21.00 horas, será o turno do “Obradoiro do Medo”, que un ano máis se desenvolverá nas instalacións do CRA de San Mateo, donde calquera persoa que entre vivirá experiencias tenebrosas, propias da xornada do Samaín. A música do grupo de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón pechará o programa do Samaín deste ano, sobre as 21.15 horas, interpretando varias pezas de música tradicional. Non faltarán nesta cita o caldo e os liscos que prepararán un ano máis representantes da Agrupación Veciñal de San Mateo e que se servirán acompañados de pan e bebida a un prezo simbólico de dous euros. Os 500 tickets que se porán á venda a partir das 18.00 horas poderán adquirirse na zona da carpa. A alcaldesa da cidade, xunto co representante do Cineclube Serie B e dos representantes da Agrupación Veciñal de San Mateo, convidaron á cidadanía a acudir aos actos programados con motivo do Samaín “para desfrutar en familia tanto do cine como dunha completa xornada de actividades e música para festexar esta data”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal