Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE ATA O 22 DE NOVEMBRO A EXPOSICIÓN "TANXARINA, 40 ANOS DE TÍTERES"
A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, animou ás veciñas e veciños a visitar esta mostra
Narón, 26 de outubro de 2022. O Pazo da Cultura acolle ata o 22 de novembro a mostra “Tanxarina, 40 anos de títeres”, unha iniciativa enmarcada na 38ª Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil (MOTIX) organizada polo Padroado da Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña. No espazo expositivo do Pazo poden verse escenografías, atrezzos e títeres que compuxeron os espectáculos da compañía Tanxarina dende a súa creación, no ano 1983. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, animou ás veciñas e veciños a acudir a ver esta mostra “que é un fiel reflexo do teatro de títeres galego e que nos permiten coñecer máis de preto a dilatada traxectoria dunha formación que actuou en varias ocasións na cidade e que o está facendo tamén esta semana con motivo da MOTIX”. A mostra pode visitarse de luns a venres entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Alumnado de Primaria dos colexios do Val, Ponte de Xuvia, Ayala, Jorge Juan, Piñeiros e Virxe do Mar, de Narón, e dos centros Maciñeira, de Neda e Juan de Lángara e Lestonnac, de Ferrol, acudiron onte á representación da obra “A cazola de Lola”, da compañía Tanxarina Teatro. A representación deste espectáculo tamén tivo lugar hoxe, ás 10.00 e as 12.00 horas, para alumnado dos colexios do Feal e Santiago Apóstol de Narón; Unión Mugardesa, de Mugardos; Ponzos, de Ferrol e Virxe da Cela, de Monfero. Na xornada de mañá representarase de novo esta obra de Tanxarina para alumnado dos centros naroneses da Solaina e A Gándara e tamén para os da Xunqueira e O Ramo, de Fene; San Ramón, de Moeche e San Isidro de Neda. Preto de 1.800 escolares acoden ás seis funcións que se fixaron para esta semana no Pazo, a cargo de Tanxarina. A programación da 38ª Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón retomarase o vindeiro mes de novembro, concretamente o día 8, coa representación de “Semente, o home que plantaba…” da compañía Emedous. Esa mesma obra poderase ver o mércores 9 de novembro, xornadas ambas nas que alumnado de centros de ensino de Narón e doutros concellos da comarca, un total de 849 menores, se desprazarán ao Pazo para asistir a esta convocatoria. A mostra teatral continuará en novembro, os días 15, 16, 17, 21 e 22, coas representacións de “Carabela”, de Galeatro e “En bucle”, de Rayuela Producciones. As últimas representacións programadas nas tres escolas infantís municipais, as da Solaina, A Gándara e Piñeiros, serán os días 28, 29 e 30 de novembro, cando se poderá ver o espectáculo “Coser y cantar”, de Teloncillo Teatro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal