Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DA OBRA "OCEANÍA" E DO ESPECTÁCULO MUSICAL "AL CALOR DEL CANCIONERO"
As entradas para os espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 27 de outubro de 2022. A compañía Traspasos Kultur SL representará este sábado -20.00 horas- no Pazo da Cultura a obra “Oceanía”, un monólogo do actor Carlos Hipólito que é o testamento artístico e vital de Gerardo Vera, o seu último proxecto antes de que o levase prematuramente o coronavirus. A peza é un retrato dun país e dunha época e constitúe o xerme do teatro, a súa verdadeira paixón. As entradas teñen un prezo de 16 euros para o público xeral e de 11,20 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). O domingo 30 haberá no Pazo un espectáculo musical, “Al calor del cancionero”, da compañía Teatro de Malta. Ás 18.00 horas dará comezo esta proposta, a cargo de Cristina Almazán e Santi Martínez, que encarnan a Estambre e Bastille, un cesteiro e unha exploradora que están no medio da nada e que buscan quen lles entregue un tesouro composto polo cancioneiro tradicional. As entradas custan 9,50 euros para o público xeral, 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e 5,50 para menores de 12 anos. As persoas interesadas en adquirir as entradas poden facelo no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal