Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTES NO SUBMINISTRO DE AUGA O VINDEIRO MÉRCORES EN VARIAS RÚAS DA CIDADE
As interrupcións no subministro levaranse a cabo entre as 9.00 e as 14.00 horas, segundo avanzaron dende a empresa Cosma
Narón, 28 de outubro de 2022. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, informou dun novo corte no subministro de auga que levará a cabo a empresa Cosma o vindeiro mércores, día 2, entre as 9.00 e as 14.00 horas en varias rúas da cidade. A medida responde á necesidade de reparar unha avaría detectada na zona. O edil indicou que se verán afectadas polos cortes no subministro a estrada de Castela –do número 1 ao 11-13-, e as rúas Mestre Mateo, Ponte das Cabras, Illas Sisargas, Illa Tambo, Illa da Toxa, Illa Cortegada, Illas Cíes, Illa de Ons e Illa Sálvora.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal