Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES
Neste obradoiro se traballará sobre principios básicos de seguridade e defensa persoal e principios básicos psicolóxicos e defensa persoal
Narón, 3 de novembro de 2022. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, anunciou a apertura do prazo de inscricion, hoxe, nun Obradoiro de defensa persoal para mulleres. Trátase dunha actividade de balde, enmarcada no "III Plan de Igualdade de Narón" e dirixido a mulleres e nenas a partir de 12 anos empadroadas no Concello de Narón, tal e como indicou a edil. As menores de idade deberán ir acompañadas dunha muller adulta. O instructor policial PSDI e experto en defensa persoal José Rodríguez e a doutora en Psicoloxía Madó González serán os encargados de impartir este obradoiro, indicou Gómez. As sesións impartiranse o 12 e o 19 deste mes no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, en horario de 10.00 a 13.00 horas. As inscricións poden tramitarse ata o 9 de novembro de 8.00 a 14.00 horas chamando ao número de teléfono 633 497 990. Gómez animou ás mulleres ás que se dirixe a acudir a esta convocatoria, "impartida por grandes profesionais na materia e que ofrecerá a posibilidade de adquirir uns coñecementos básicos de defensa persoal".

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal