Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PON EN MARCHA NOS CENTROS ESCOLARES UNHA PROPOSTA DIVULGATIVA RELACIONADA COA AUTOPROTECCIÓN
Un dos obxectivos máis salientables deste programa é facilitar o coñecemento dos temas de prevención nas etapas escolares desde unha óptica didáctica
Narón, 09 de novembro de 2022. Enmarcado na actividade desenvolvida polo Equipo de Educación Vial do Concello, ponse en marcha un novo programa de carácter formativo e divulgativo relacionado coas emerxencias e a autoprotección dirixido a alumnado de quinto curso de educación primaria dos colexios de Narón. O programa, que leva por título “Experimentando co lume”, é froito da experiencia derivada do taller de loita contra incendios e será impartido polo técnico en prevención do Concello de Narón, Daniel Lorenzo. Durante o taller proporanse tres experimentos relacionados con situacións relativamente cotiás e que se poden adaptar en función do espazo dispoñible. O primeiro centro de ensino que participou nestos talleres foi o CEIP Ponte de Xuvia na xornada de onte, cunha vintena de alumnos e alumnas. Nas seguintes datas os talleres se desenvolverán no CPR Ayala o venres 11 de novembro, no CPI O Feal o martes 15 de novembro, no CEIP de Piñeiros o xoves 17 de novembro, no CPR Jorge Juan o luns 21 de novembro, no CPR Santiago Apóstol o mércores 22 de novembro, no CEIP A Gándara o xoves 1 de decembro, no CEIP Virxe do Mar o venres 2 de decembro, no CEIP A Solaina o luns 12 de decembro e no CRA de Narón – O Val – mércores 14 de decembro, neste caso para escolares de 4º curso. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, agradeceu a colaboración dos centros de ensino nestas propostas que se achegan desde a Administración local co obxectivo de facilitar o coñecemento dos temas de prevención desde unha óptica didáctica nas etapas escolares.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal