Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E ASFEDRO POÑEN EN MARCHA O PROGRAMA "PUNTOXPUNTO INFODROGAS NARÓN" COMO RECURSO EDUCATIVO PARA ESO NOS CENTROS DE ENSINO
O programa incide nunha intervención de carácter preventivo sobre drogas e sobre o uso responsable das novas tecnoloxías
Narón, 11 de novembro de 2022. O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, presentou hoxe xunto con representantes da Asociación Ferrolana de Drogodependencias, Clara Alberto Ucha, vicepresidenta, Francisco Varela Cachaza, secretario, e Rebeca Graña, educadora social, o proxecto “Puntoxpunto Infodrogas Narón”. Este recurso educativo ofrecido aos centros de ensino da cidade, para a etapa de ESO, consiste “nun punto de información virtual sobre drogas e adiccións ao que se pode acceder a través da rede social Instagram”. Información sobre drogas e adiccións e un xogo interactivo de preguntas para valorar e ampliar os nosos coñecementos sobre estes temas forman parte dos contidos deste programa, sobre o que se informará cun reparto de marcapáxinas nos centros de ensino e donde haberá diferentes sesións para coñecer o material divulgativo nas aulas. A iniciativa comezará a desenvolverse dende a xornada de hoxe e rematará en decembro deste ano, período no que se traballará tanto co alumnado como co profesorado dos centros de ESO e coas súas familias. “A necesidade de canalizar estratexias preventivas, deseñando programas que teñan presente o constante cambio e evolución no xeito no que a mocidade se relaciona, aprende e recibe a información é o punto de partida deste proxecto”, recalcou o edil de Sanidade, e agradeceu o traballo que se leva a cabo dende ASFEDRO nestos temas tan importantes para a poboación en xeral e a mocidade en particular. A información que circula nas redes sociais sobre o uso das substancias ou do manexo de internet, está en ocasións sesgada, pode ser contraditoria, ter escasa base científica e facilita a normalización do consumo e a aparición de condutas de risco asociadas a el. Por este motivo, dende o Concello e Asfedro considerouse fundamental a creación dun espazo virtual de referencia, no que se transmitan os coñecementos necesarios sobre esta problemática dende unha perspectiva non invasiva, empática e veraz e no que a través de diferentes infografías, animacións e vídeos explicativos, facilitaremos aos mozos e mozas un lugar seguro para promover a reflexión e a toma de decisións relativa a estas cuestións. O seu contido creativo e participativo conta tamén coa ferramenta de aprendizaxe PuntoxpuntoNarón Salúdicos, un xogo interactivo de preguntas que permite avaliar e ampliar o coñecemento xeral no campo das drogas e as adiccións, aportando respostas esclarecedoras e transformadoras de percepcións e ideas preestablecidas sobre as mesmas. As persoas interesadas poden acceder ao contido da páxina a través da seguinte ligazón: www.instagram.com/puntoxpuntonaron/

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal