Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALA ESTACIÓNS DE MANTEMENTO E DE LIMPEZA DE BICICLETAS NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA E NO PARQUE DE FREIXEIRO
Se trata dunha iniciativa pensada para que todas as persoas que transiten por esas zonas dispoñan duns novos servizos enfocados ao mundo da bicicleta
Narón, 11 de novembro de 2022. O Concello conta desde hoxe con dúas estacións de mantemento e outras dúas de limpeza no paseo marítimo de Xuvia e no parque de Freixeiro. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que informou, xunto co concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, que se trata dunha iniciativa do goberno local pensada para que todas as persoas que transiten por esas zonas dispoñan duns novos servizos enfocados ao mundo da bicicleta, co fin de ofrecer un mantemento básico e de balde. A rexedora local explicou que ambas instalacións son de cor azul, para manter a imaxe do Concello e levan o escudo institucional. As estacións de limpeza permitirán, tal e como indicou Ferreiro, “lavar as bicicletas, tanto as de montaña como as de estrada ou outros modelos, coa opción de realizar un lavado rápido ou unha limpeza máis rigurosa, a elección de cada persoa”. Os lavados, tal e como explicou, realízanse en todo momento a baixa presión para non danar os componentes das bicis e están deseñados para non dispersar auga durante o lavado. En canto ás estacións de mantemento, están pensadas “para que os ciclistas dispoñan dun lugar no que poder reparar pequenas avarías, inflar as rodas das bicis, para o que están equipadas cunha serie de ferramentas universais e tamén dunha bomba de aire con manómetro”. Así mesmo, recalcou que “con estas instalacións cumprimos unha demanda que había nesta zona, dado que moitas persoas que realizan rutas en bicicleta non dispoñían nesa área dun espazo para poder limpalas despois de realizar os percorridos ou mesmo tiñan que desprazarse a estacións de servizo para poder por exemplo dar aire ás rodas ou realizar pequenas reparacións”. A alcaldesa explicou que “a través destas novas instalacións queremos apostar pola mobilidade verde na nosa cidade, ofrecendo unha serie de servizos que permitan fomentar o seu uso e tamén un mantemento regular das bicicletas en dúas zonas nas que habitualmente transitan, como son os paseos nos que están instaladas”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal