Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO PARA SOLICITAR OS VALES PARA COMPRAR AGASALLOS DE NADAL DIRIXIDOS A MENORES DE FAMILIAS VULNERABLES
Información, documentación e impreso de solicitude no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica e no Servizo Sociocomunitario na planta primeira da administración local
Narón, 14 de novembro de 2022. A partir de mañá martes 15 de novembro permanecerá aberto no Concello, ata o martes 29 de novembro, ambas datas incluidas, o prazo para solicitar as axudas convocadas para a adquisición de agasallos de Nadal destinadas ás familias máis vulnerables da cidade, contribuindo así ao fomento da igualdade dos nenos e nenas pertencentes a familias que nestes momentos teñan unha precaria situación económica. Poderán solicitar as axudas todas as familias empadroadas en Narón con fillos ou fillas menores que a 31 de decembro teñan unha idade comprendida entre 0 e 16 anos. As solicitudes en modelo oficial facilitado polo Concello, poderanse presentar xunto coa documentación correspondente no Rexistro xeral do Concello, na Sede electrónica do Concello de Narón ou en calquera outro medio previsto no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo das Administracións Públicas. As bases reguladoras do procedemento poden consultarse ao completo no Boletín Oficial da Provincia número 212 do pasado 9 de novembro, a través do enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/11/09/2022_0000006570.pdf

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal