Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN DESENVOLVE UNHA NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA PARA PROMOVER A RECICLAXE DOS RESIDUOS ORGÁNICOS
Habilitarase un stand informativo os días 17 e 29 de novembro nas parroquias de Pedroso e Doso respectivamente
Narón, 15 de novembro de 2022. O Concello de Narón desenvolve, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, unha campaña de compostaxe domiciliaria destinada a 75 vivendas do termo municipal. O vindeiro xoves, día 17 de novembro, de 15:30 a 18:30 h, habilitarase no entorno do centro cívico de Pedroso (antiga rectoral) un stand informativo, atendido por monitores ambientais especialistas en xestión sostible dos residuos para que os veciños e veciñas interesados se poidan informar e inscribir na campaña. Esta acción complementarase coa colocación doutro stand informativo o martes, día 29 de novembro, de 15:30 a 18:30 h, no local social de Doso. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recordou que os veciños e veciñas interesados en adherirse á campaña e adquirir un composteiro, de forma totalmente gratuíta, poderán solicitalo nos stands informativos habilitados en Pedroso e Doso ou no teléfono do concello 981 33 77 00, ata finais do mes de novembro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal