Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA A FEIRA CAPTACIÓN DO TALENTO
Un obxectivo fundamental, coñecer as claves que vinculan o talento persoal coas competencias laborais que demandan as empresas para facilitar o acceso ao mercado laboral
Narón, 18 de novembro de 2022. O concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, presentou esta mañá a Feira Captación do Talento que terá lugar no Pavillón Campo da Serra os días 25 e 26 de novembro en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Galego manifestou que o obxectivo fundamental desta Feira é “Crear un espazo de punto de encontro onde o sector empresarial da comarca poida expoñer as necesidades e perfís profesionais que demandan, e á súa vez, as persoas interesadas presenten a súa formación e experiencia profesional buscando o resultado final de creación de emprego, así como dar a coñecer e consolidar os novos perfís profesionais que tanto as novas formas de comercialización como de mercados están a demandar no sector. Todo isto enmarcado nunha boa organización e posicionamento nas redes sociais”. No transcurso da Feira desenvolveránse dúas ponencias. O venres 25 “Narón presente e futuro: as persoas optimistas son persoas realistas” que analizará a motivación como motor que activa o desenvolvemento do talento e as variables a ter en conta no proceso. O sábado 26 “Captar talento persoal para integrar nas competencias laborais que actualmente necesita o tecido empresarial”, dando a coñecer as claves que vinculan o talento persoal coas competencias laborais que demandan e necesitan as empresas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal