Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMEZA A SEGUNDA EDICIÓN DO PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO ADIANTE NARÓN
O programa xurde da necesidade de xerar un emprendemento viable e sostible no tempo, sendo a formación a emprendedores a clave para garantir o éxito dos proxectos
Narón, 22 de novembro de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, inaugurou a segunda edición do Programa de Emprendemento Adiante Narón, promovido polo Concello de Narón, que será impartido no Centro municipal de Formación Irmás Froilaz. O programa formativo nace co fin de servir á comunidade de Narón e área de influencia, como un catalizador e potencializador de iniciativas emprendedoras e de autoemprego como alternativa ás opcións que o mercado laboral actual ofrece. O obxectivo fundamental é promover o desenvolvemento de novos proxectos que permitan a revitalización e fortalecemento económico da cidade e o seu tecido empresarial, como base para a xeración de riqueza empresarial, cultural e social. O programa permite ós participantes adquirir os coñecementos necesarios para facer realidade a súa idea de negocio e poñer en práctica desde o primeiro momento eses coñecementos. Consta de quince módulos de experiencia agrupados en diversos bloques tales como Detección de oportunidades e pilares do proxecto; Estratexia e dirección comercial; Análise de viabilidade e proxeccións económicas e financeiras; e Aspectos legais. Nesta segunda edición cóntase con proxectos diversos como centro de formación disruptivo, impresión 3D… Rematando o programa o vindeiro 21 de decembro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal