Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO CEP VIRXE DO MAR PARTICIPARON HOXE NOS ITINERARIOS DIDÁCTICOS POLA CASA CONSISTORIAL E REUNÍRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
Un explorador e una abella de Narón, de nome “Nara”, acompañaron aos escolares durante a visita que se realiza de xeito teatralizado
Narón, 22 de novembro de 2022. Un grupo de escolares de sexto curso de educación Infantil do CEIP Virxe do Mar, desprazouse esta mañá ao Concello para participar nas actividades do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, que inclúe un apartado de Coñecemento do Concello a través Itinerarios didácticos na Casa Consistorial . Os menores, acompañados por persoal docente, visitaron varias dependencias municipais e se reuniron coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos. Os escolares ocuparon os asientos dos membros da corporación local no salón de plenos e formuláronlle á rexedora local diversas cuestións relacionadas co seu traballo como alcaldesa e plantexáronlle varias suxestións. Os escolares asistiron á proxección do vídeo “Nara de Narón”, cunha explicación sobre a historia da cidade e as súas parroquias e antes de abandoar o Concello, fotografiaronse coa alcaldesa, que lles fixo entrega duns agasallos, e tamén no photocall “Ti es a abella Nara”. Un explorador e unha abella de Narón, de nome “Nara”, acompañaron aos escolares durante a visita que se realiza de xeito teatralizado. As visitas deste programa continuarán desenvolvéndose en diversas datas no mes de decembro con alumnado do CEIP A Gándara

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal