Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR A INSTALACIÓN DE POSTOS NO "MERCADO DE SEGUNDA MAN"
As solicitudes poderán formalizarse ata o día 30 de novembro e se habilitará un total de setenta postos
Narón, 24 de novembro de 2022. O Concello abriu o prazo para solicitar a instalación de postos no “Mercado de Segunda Man” que se celebrará os días 10 e 11 de decembro no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. Así o anunciou o concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, que incidiu en que está prohibida a venda de artesanía, animais, produtos alimenticios ou bebidas, dirixíndose ademáis a convocatoria exclusivamente a particulares, non a comerciantes nin vendedores ambulantes. Galego explicou que as solicitudes poderán formalizarse ata o 30 de novembro e indicou que se habilitarán un total de 70 postos, que se concederán por orde de solicitude. Os postos permanecerán abertos os dous días en horario de mañá, desde as 10.30 ata as 14.00 horas, e na tarde de 16.00 a 19.00 horas, tal e como avanzou Galego. As solicitudes dos postos –as inscricións son de balde- deben formalizarse a través do Rexistro do Concello, por correo certificado ao Rexistro coa instancia de solicitude debidamente cumprimentada ou a través da Sede Electrónica do Concello no apartado Actividades.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es