Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RECOLLIDA DE SINATURAS MAÑÁ XUNTO AO CENTRO DE SAÚDE EN APOIO Á ILP PROMOVIDA POLA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA
Terra Galega, PSOE e BNG aprobaron no pleno do pasado mes de setembro unha moción denunciando o desmantelamento da sanidade pública e instando ao Parlamento galego a implantar melloras en servizos e para o persoal sanitario
Narón, 29 de novembro de 2022. O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, informou que mañá pola tarde, de 19.30 a 21.00 horas, instalarase xunto ao centro de saúde unha mesa para recoller sinaturas en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública. O edil recordou que no pleno do pasado mes de setembro aprobouse unha moción presentada conxuntamente por Terra Galega, PSOE e BNG en apoio á citada ILP. A través desta iniciativa denúncianse os continuos recortes e o desmantelamento da sanidade pública galega, especialmente en Atención Primaria, para reducir gastos e favorecer á sanidade privada. Dende os tres grupos políticos que presentaron a moción amosouse o apoio a esta ILP da Plataforma SOS Sanidade Pública, integrada por organizacións sociais, sanitarias, de pacientes, sindicais e políticas, a través da que se insta ao Parlamento autonómico a aprobar unha serie de medidas. Entre elas, establecer a atención presencial ao paciente como regra xeral nas consultas médicas, incrementar o persoa médico, reabrir consultas, centros de saúde e PAC pechados nos últimos anos, e acabar coa inestabilidade e precariedade do persoal, entre outras.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es