Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DE SEXTO DE INFANTIL DO CEIP A GÁNDARA PARTICIPARON HOXE NOS ITINERARIOS DIDÁCTICOS DO CONCELLO
As nenas e nenos reuníronse coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos do Consistorio
Narón, 29 de novembro de 2022. Un grupo de escolares de sexto curso de Infantil do CEIP A Gándara visitou esta mañá o Concello no marco do programa municipal “Itinerarios didácticos”. Persoal docente acompañou aos menores, xunto cun explorador e a abella “Nara”, mentres visitaron varias dependencias da Casa Consistorial e realizaron actividades propias deste programa. Unha das citas da convocatoria leva ao alumnado ao salón de plenos, donde ven o vídeo “Nara de Narón”, cunha explicación adaptada á súa idade sobre a historia da cidade. Posteriormente nese mesmo espazo reciben a visita da alcaldesa, Marián Ferreiro, que resposta ás inxeniosas preguntas e curiosidades que formulan desde os espazos que ocupan as concelleiras e concelleiros da corporación local. A actividade forma parte do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, cun apartado de Coñecemento do Concello que organiza estes Itinerarios didácticos no Concello. Antes de dar por rematada a súa visita ao Concello os escolares realizaron unha fotogradía de grupo coa rexedora local e tamén outra no photocall “Ti es a abella Nara”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal