Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN ANTE O CONCELLO EN REPULSA DO ASASINATO DUNHA MULLER EN LUGO
O alcalde accidental, Manuel Ramos, participou na convocatoria xunto con outros representantes da corporación local e persoal do Concello
Narón, 1 de decembro de 2022. O Concello convocou este mediodía unha concentración ante a porta principal para condenar o asasinato, na xornada do pasado domingo, dunha muller de 42 anos, Cristina Cabo Buján, en Lugo, a mans dun home de 30 anos, xa detido e que confesou ser o autor das coiteladas que acabaron coa vida da vítima deste crime. O alcalde accidental, Manuel Ramos, e outros representantes da corporación local, así como persoal do Concello, participaron na convocatoria para amosar a súa total repulsa á violencia de xénero. Os asistentes gardaron un minuto de silencio, tras unha pancarta co lema: “Contra a violencia de xénero”. Ramos agradeceu a participación das persoas que se sumaron á convocatoria e incidiu na importancia de “erradicar esta lacra social”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal