Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA AS CAMPAÑAS "A TÚA VELLA BICI VALE UN SORRISO" E "DECORA A TÚA BICI OU PATINETE DE NADAL"
O alcalde accidental, Manuel Ramos, presentou as campañas acompañado polo edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, e os responsables do equipo de Educación Viaria do Concello, Pedro Caneiro e Sonia López
Narón, 1 de decembro de 2022. O alcalde accidental de Narón, Manuel Ramos, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, e os responsables do equipo de Educación Viaria do Concello, Pedro Caneiro e Sonia López, presentaron esta mañá a campaña “A túa vella bici vale un sorriso”, dirixida á cidadanía en xeral e co obxectivo de recoller bicicletas –tamén estáticas- e patinetes para doalas. A través desta iniciativa tamén se supervisan para entregalas en condicións óptimas de uso. Ramos explicou que se poderán entregar no Concello ata o 4 de xaneiro –na planta de acceso, no departamento de Educación Viaria- en horario de mañá os días laborables e tamén nos centros de ensino, ata o 21 de decembro, e no establecemento Bikeworks de Narón –tamén ata o 4 de xaneiro-, colaborador nesta campaña. Algunhas das bicicletas que se donen quedarán nos centros de ensino para que poidan prestalas e, no caso das estáticas, reservaranse exclusivamente para os colexios para poder seguir realizando actividades similares á marcha ciclista virtual, pedaleando nas propias aulas. Pola súa banda, o concelleiro de Seguridade Cidadá animou ás persoas que poidan colaborar a participar nesta campaña “para darlles unha segunda vida a esas bicicletas e patinetes que non usamos”. A maiores da campaña “A túa vella bici vale un sorriso”, tamén se impulsa un ano máis a iniciativa “Decora a túa bici ou patinete de Nadal”. Dende hoxe e ata o 20 de decembro (incluído) os escolares matriculados nos centros de ensino de Narón (Infantil, Primaria e Secundaria) poden enviar unha imaxe na entrada do colexio en bici ou patinete decorado de Nadal ao correo seguridadevial@naron.es. No mail deben especificar o nome e apelidos do menor, o do centro escolar e o curso no que están. Os participantes recibirán un agasallo do Concello por implicarse nesta iniciativa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal