Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REPARTIRÁ ESTE MÉRCORES BIOCOMPOSTEIROS ÁS VECIÑAS E VECIÑOS INTERESADOS EN PARTICIPAR NA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMICILIARIA
O edil de Servizos, Ibán Santalla, recordou que poderán recollelos persoas empadroadas en Narón tanto da zona rural como urbana, ata esgotar existencias
Narón, 5 de decembro de 2022. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou que este mércores, día 7, se entregarán no Café Teatro do Pazo da Cultura os biocomposteiros da campaña de compostaxe domiciliaria na que participan veciñas e veciños da cidade. O edil naronés indicou que o acto de entrega, terá lugar tras unhas xornadas formativas sobre compostaxe que se desenvolverán ese mesmo día ás 16.00 e ás 18.00 horas na citada ubicación. “A maiores das persoas que xa están participando, poderán achegarse veciñas e veciños empadroados en Narón, tanto da zona rural como urbana, para recoller algún dos 75 biocomposteiros, ata esgotar as existencias”, asegurou. Nas xornadas formativas persoal especializado ofrecerá aos asistentes información e unhas pautas encamiñadas a fomentar a transformación da materia orgánica en compost. “A finalidade é que eses residuos que xeralmente van a parar ao contenedor verde se utilicen para facer compost e sexan empregados como fertilizante”, apuntou o edil. Así mesmo, en canto á ubicación dos biocomposteiros, Santalla explicou que “no caso de que unha persoa estea empadronada en Narón pero teña que instalar o biocomposteiro fóra do termo municipal nunha propiedade súa tamén poderá recollelo, porque a finalidade desta campaña é, unha vez máis, mellorar a eficacia da recollida selectiva, separando a materia orgánica en orixe”. As persoas que non estean inscritas na campaña e queiran levar un biocomposteiro poderán anotarse chamando ao teléfono 981 397 007 (ata o mércores 7 pola mañá, incluído) ou acudir directamente á convocatoria fixada no Café Teatro do Pazo o mércores a partir das 16.00 horas. Esta iniciativa lévase a cabo en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no marco do programa Feder 2014-2020.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal