Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON ENTIDADES DAS ÁREAS DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, ACCIÓN SOCIAL E DEPORTES POR IMPORTE DUNS 165.000 EUROS
Marián Ferreiro destacou o labor que realizan as catorce entidades coas que se rubricaron os acordos económicos
Narón, 6 de decembro de 2022. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou nos últimos días de xeito telemático varios convenios de colaboración económica do Concello con entidades das áreas de promoción económica, acción social e deportes. Ferreiro destacou as partidas que en conxunto se destinarán ás catorce entidades con cuxos representantes asinou os acordos e que ascenden a un total de 164.500 euros. A rexedora local rubricou os convenios co Club Baloncesto Narón, A Fervenza Fútbol Sala Feminino, o Club de Remo Narón, e o Motoclub Fojeteiros na área de deportes. En canto á de acción social, as entidades coas que se asinaron convenios foron a Fundación Ingada, AFAL Ferrolterra e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e, finalmente, no ámbito da promoción económica, coa Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer), a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal (AJE Ferrolterra), a Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre, a Asociación de Empresarios Ferrolterra, a Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e a Asociación de Comerciantes de Narón. “Trátase dunhas partidas a través das que se constata o compromiso do goberno local con entidades e clubs que traballan con diferentes colectivos e en varias disciplinas deportivas, ofrecendo uns servizos de calidade ás veciñas e veciños de Narón e que nalgún caso tamén nos permiten colaborar con causas solidarias”, destacou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal