Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DE KARAOKE ORGANIZADOS A TRAVÉS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ENVELLECEMENTO ACTIVO
A iniciativa diríxese a persoas maiores de 60 anos e terán preferencia as empadroadas en Narón
Narón, 6 de decembro de 2022. O Concello organiza a través do programa de Envellecemento Activo uns obradoiros de karaoke que se desenvolverán os días 9, 16, 21, 23 e 30 deste mes no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. A iniciativa diríxese a persoas preferentemente maiores de 60 anos e empadroadas en Narón, que poderán asistir de balde. As mulleres e homes que participen terán a oportunidade de cantar diversas cancións para desfrutar dun tempo de lecer, promovendo un espazo lúdico onde a música sexa o fío de unión. As sesións terán lugar en horario de tarde, ás 17.00 horas, e poderán acudir un máximo de 20 ou 25 persoas por cada grupo. Para anotarse nesta actividade é preciso chamar ao número de teléfono 722 537 310.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es