Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN TRES ACTIVIDADES IMPULSADAS PARA O NADAL A TRAVÉS DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
As actividades, tal e como apuntou a edil de Ensino, Mercedes Taibo, están pensadas para persoas de diferentes idades
Narón, 7 de decembro de 2022. O Concello programou a través do Servizo de Normalización Lingüística varias actividades para o Nadal que requiren inscrición previa. Así o indicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que avanzou que se trata de tres propostas que se desenvolverán en tres instalacións municipais, no Alto, O Couto e A Gándara, e para as que as persoas interesadas en acudir xa se poden anotar. Para facelo –é unha actividade de balde- deben escribir un correo electrónico á dirección a.pita@naron.es indicando o nome da actividade, o nome e idade do neno ou nena, o do pai, nai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas cubriranse en todos os casos por rigorosa orde de inscrición. A primeira das citas será “Contos maimiños”, de Migallas, o vindeiro 20 de decembro ás 19.00 horas no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro. Trátase dunha sesión de narración oral para nenas e nenos de 0 a 3 anos e as súas familias, ao que poderán acudir un máximo de 25 menores acompañados dunha persoa adulta. Historias, cancións e xogos tradicionais forman parte desta proposta, a través da que se aposta por espertar dende os primeiros meses de vida das crianzas o apego á lingua galega. O día 21 de decembro terá lugar “Son no berce”, de A Cova das Letras, un espectáculo centrado nos estímulos sensoriais (imaxes, palabras, tactos diversos, olores e música en directo). A cita será no Centro Cívico Social do Couto, con dúas sesións, unha ás 18.00 e outra ás 18.30 horas e está pensada para menores de 0 a 3 anos e as súas familias, cun límite de 15 nenas e nenos por sesión, acopañados dunha persoa adulta. Esta actividade está organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (programa Nadal en Rede), en colaboración co Concello de Narón. Finalmente, o 4 de xaneiro a Casa da Mocidade e as inmediacións da Praza da Gándara acollerán (a parte teórica e de ensaio e a posta en práctica respectivamente) ás 17.30 horas o obradoiro “Cantámosche os Reis”, de Pablo Díaz. Neste caso trátase dunha proposta aberta á participación da cidadanía en xeral (recomendada para nenas e nenos que saiban ler) e na que colabora a Asociación de Comerciantes de Narón, a través do programa Narón gaña co galego. O artista Pablo Díaz impartirá este obradoiro de cantos de Nadal, Aninovo e Reis, coa finalidade de recuperar a tradición oral galega, promover e reforzar a celebración do Nadal en galego e visibilizar o comercio local de Narón. Os participantes coñecerán algúns deses cantos tradicionais e posteriormente irán por algúns comercios da zona da Gándara para poñelos en práctica, cantando e pedindo o aguinaldo. Participarán ademais os membros do grupo Xemelgas, que amenizarán coa zanfona os cantos de Reis. Así mesmo, dende o Concello animouse a felicitar o Nadal en galego, ofrecendo o Servizo de Normalización Lingüística para aquelas persoas que desexen que lles revisen o texto das súas postais, podendo enviarlo á dirección: a.pita@naron.es e tamén poden informarse ou utilizar recursos dispoñibles na web: https://naronengalego.gal/dinamizacion/.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es