Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN CENTENAR DE PERSONAS ACUDIU Á CLAUSURA DO PROXECTO MUNICIPAL "UN BARRIO PARA VIVIR"
A edil responsable do Servizo Sociocomunitario Municipal, Mercedes Taibo, agradeceu a implicación das veciñas e veciños de cada barrio e parroquia
Narón, 19 de decembro de 2022. A concelleira responsable do Servizo Sociocomuntiario, Mercedes Taibo, acudiu o pasado sábado á clausura do programa “Un barrio para vivir”, creado para implicar á veciñanza de cada barrio a través de diferentes actividades. A cita, á que acudiron preto dun centenar de persoas, tivo lugar nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, donde se presentou o proxecto e un resumo do mesmo. Taibo explicou que se falou cos asistentes, representantes dos barrios e parroquias da cidade, sobre itinerarios, fotografías recollidas en diferentes zonas e tamén se visionou un vídeo resumo dos catorce que se elaboraron en total, un por cada barrio ou parroquia. Trala proxección entregáronse a cada representante das mesmas xogos de mesa personalizados para cada centro cívico social municipal. Finalmente visionouse unha mostra fotográfica con máis dun centenar de imaxes que recollen a historia e o patrimonio dos barrios da cidade. “Os programas de dinamización comunitaria impulsados dende o Concello tiveron moi boa acollida”, asegurou Taibo. A edil naronesa destacou a súa función a nivel de interacción entre as persoas de actividades como Barrios no camiño, uns itinerarios interxeracionais nos que participaron unhas 150 persoas e Memorial do barrio, que posibilitou realizar catorce vídeos que se compartirán a través do Facebook do Concello de Narón. “Quero agradecer a participación de todas as persoas que estades aquí e tamén a aqueles que non nos puideron acompañar pero que fixeron posible dende o inicio do programa, en novembro, que estes traballos que programamos se puidesen levar a cabo”, destacou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal