Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONTINÚAN OS OBRADOIROS DO PROXECTO DE DINAMIZACIÓN CASA ABERTA NAS INSTALACIÓNS DA CASA DA MOCIDADE
O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, animou ás rapazas e rapaces de 12 a 16 anos a inscribirse e participar nestes obradoiros e actividades de balde
Narón, 20 de decembro de 2022. As actividades dos obradoiros Casa Aberta continúan desenvolvéndose na cidade. A Concellería de Mocidade, dirixida polo edil Pablo Mauriz, impulsa esta iniciativa, pensada para menores de 12 a 16 anos e que se leva a cabo este mes de decembro na casa da Mocidade, na Gándara. O concelleiro naronés recordou que para participar nas actividades é preciso anotarse, de balde, nas citadas instalacións municipais o venres ou o sábado en horario de 17.30 a 20.30 ou tamén a través dunha mensaxe directa en Instagram ou Facebook (@casaabertanaron). Este venres 23 haberá un obradoiro sobre Cinefórum ao que poderán asistir dez persoas e o 26 de decembro outro sobre Reciclaxe textil tamén para unha decena de participantes. Os seguintes programáronse para o día 27, sobre Xornadas de xogo de rol -20 persoas-; 28 –Danza urbana e beatbox -15 persoas- e 29, de Escape Room -10 participantes-. Obradoiros de Educación na Igualdade, de Educación na diversidade, de Educación no uso das novas tecnoloxías, de Educación medioambiental e reciclaxe, un Espazo de xogo comunitario con futbolín, tenis de mesa, dardos, xogos de mesa e videoxogos forman parte das propostas de Casa Aberta. “Quixemos ofrecer unha serie de propostas de ocio diferentes a un colectivo dunha idade moi concreta, co obxectivo de apostar pola socialización en torno ao xogo”, asegurou Mauriz.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal