Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTES DE TRÁFICO MAÑÁ EN SANTA ICÍA CON MOTIVO DA EXECUCIÓN DE TRABALLOS DE AGLOMERADO
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, anunciou que os cortes comezarán ás 9.00 horas e rematarán unha vez se executen os traballos previstos
Narón, 21 de decembro de 2022. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, informou que na xornada de mañá xoves haberá cortes de tráfico –establecéndose un paso alternativo- na avenida de Santa Icía a partir das 9.00 horas. O motivo é a execución dos traballos de aglomerado do tramo de vial comprendido entre as inmediacións do pavillón Campo da Serra e a rúa Finca Federico. Así mesmo, tamén dende mañá ás 9.00 horas se cortarán ao tráfico rodado as rúas San Carlos, Estación e María Mariño, ata o remate das obras de aglomerado previstas na zona. Dende o Concello solicítanse de antemán desculpas polas posibles molestias ocasionadas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal