Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ENTREGA ÁS ESCOLAS INFANTÍS E AO CRA EXEMPLARES DO LIBRO "OS BOLECHAS. MAR AZUL"
O edil de Promoción Económica, David Pita, recordou que se trata dunha iniciativa do proxecto municipal "Narón emprende en azul"
Narón, 22 de decembro de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou esta mañá a Paula Pato, coordinadora das Escolas Infantís Municipais de Narón; Dolores Prieto, da Escola Galiña Azul de Xuvia e Susana García, directora do CRA de Narón, exemplares do libro “Os bolechas. Mar azul”. O edil naronés explicou que se realizaron un total de 1.000 exemplares, que se distribuirán nas vindeiras semanas tamén por outros centros e espazos municipais, no marco do proxecto Narón emprende en Azul, impulsado polo Concello de Narón, respaldado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia e con financiación do GALP Golfo Ártabro Norte. As representantes dos diferentes centros repartirán os libros entre o alumnado. A publicación conta a historia dunhas vacacións dos Bolechas en Narón, nunha historia moi vencellada ao mar e á contorna da cidade, a alimentación, os aparellos de pesca, o coidado do medio ambiente… Foron precisamente eses elementos os que valoraron desde os centros, subliñando que son “moi acordes aos nosos proxectos”. O edil naronés destacou este novo traballo realizado con cargo a un programa subvencionado por outras administracións e que permitiu desenvolver esta e outras accións na cidade. Ademais, apuntou que esta publicación está pensada tamén para abordar as posibilidades de emprendemento que ofrece o sector e poñer en valor a sustentabilidade das artes de pesca que se empregan.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal