Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ENTREGOU HOXE OS DIPLOMAS DO OBRADOIRO PARA MAIORES "CONÉCTATE Á REDE"
Marián Ferreiro felicitou aos participantes nestes obradoiros programados a través do Consistorio
Narón, 22 de decembro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, entregou hoxe os diplomas do obradoiro municipal “Conéctate á rede”, dirixido a persoas maiores. Un total de 72 persoas inscribíronse nesta actividade a través da que recibiron formación básica de manexo de teléfonos móbiles intelixentes, tal e como recordou Ferreiro. Unha parte do alumnado desprazouse ao Concello para recibir os diplomas que acreditan que remataron os obradoiros, que se impartiron en centros comunitarios e cívico-sociais dos diferentes barrios e parroquias de Narón. A rexedora local apuntou que se celebraron en dúas quendas, unha no primeiro semestre do ano que tivo lugar en Pedroso, Freixeiro e no Centro de maiores das Vivendas da Mariña e outra despois do verán en Virxe do Mar, Piñeiros, Pedroso e Xuvia, con vinte horas de formación en cada caso. Trala entrega dos diplomas a alcaldesa conversou cos participantes no obradoiro que estiveron hoxe no Concello e interesouse polas súas preferencias á hora de convocar novas accións formativas dirixidas ao colectivo. Ferreiro felicitou aos homes e mulleres que remataron con éxito esta convocatoria e animounos a continuar participando noutras que se convoquen o vindeiro ano.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal