Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O ESPECTÁCULO DE DANZA CONTEMPORÁNEA "LOOP"
A proposta, unha carta de amor á maquinaria escénica creada por Aracaladanza, dará comezo ás 20.00 horas
Narón, 23 de xaneiro de 2023. O Pazo da Cultura acollerá este sábado, día 28, o espectáculo de danza contemporánea “Loop”, da compañía Aracaladanza. A cita será ás 20.00 horas e as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 12 euros para o público xeral; de 8,40 para aboados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 7 para menores de 14 anos. Enrique Cabrera dirixe este espectáculo, unha carta de amor á maquinaria escénica que creou Aracaladanza e na que todos os elementos e profesionais que interveñen se converten en protagonistas. Os espectadores, testemuñas e cómplices dunha aventura imaxinaria, terán tamén un importante papel nesta proposta.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es